|
Sunday, 03 March 2013 00:00 |
|
There are no translations available.
Para este ano 2013 xa temos as datas fináis dos distintos campionatos que realizaremos. Asemade, podemos confirmar que as probas están inscritas no calendario da Federación Aeronáutica Galega, polo que terán caracter oficial:
- F3P (www.f3p.es): Pendente de confirmar data (aínda que no calendario da FAG menciona o 24 de febreiro).
- F5J (f5j.es): Ó igual que estos anos, faremos dúas probas da modalidade de veleiros eléctricos de permanencia (F5J). A primeira será o 28 de abril na pista de Rodís en Cerceda, e a segunda o 22 de setembro na pista de A Queimada en Oza dos Ríos. Desta vez, queremos que participen máis pilotos de outros clubes, de cara a facer una liga para o ano próximo. É por iso que a inscripción será de balde.
- F3A (Acro3D): Este ano, ademáis do Open, faremos unha das probas do galego desta modalidade de acrobacia. Será os días 25 e 26 de maio e se voará nas categorías A, B e C na pista de Rodís (Cerceda). A VI Edición do Open Internacional de Acrobacia Aérea de Cerceda terá lugar os días 29 e 30 de xuño tamén na pista de Cerceda.
- Centollo Meeting: Imos retomar esta xuntanza co obxectivo de converti-lo evento nunha referencia do aeromodelismo en Galicia. Será en agosto, probablemente no fin de semán do 25 de agosto, aínda que temos que pecha-la data definitiva.
Apontade estas datas na vosa a axenda! E se tedes calquera dúbida ou pregunta, podedes contactar con nós en
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
.
|
|
Last Updated on Sunday, 03 March 2013 23:27 |
|
|
Monday, 08 October 2012 22:36 |
|
There are no translations available.

Aínda que máis tarde do habitual, este ano 2012 celebraremos unha nova edición do Centollo Meeting os días 20 e 21 de outubro coa novidade de que adicaremos un día completo ó FPV (First Person View). 
O programa é o seguinte: - Sábado 20: Xornada adicada ó FPV, mostraremos cómo funcionan os avións sen piloto, cómo é un cuadracóptero e como se ve dende a perspectiva do avión. Ademáis, ó longo do día, teremos dispoñibles equipos de RC de iniciación con dobre mando para todos os interesados en realizar o seu baptismo aéreo de radio control. Asemade, mostraremos voos de avións a escala de distinto tipo. Comezaremos sobre ás 10 da mañá e remataremos cando xa non teñamos luz!
- Domingo 21: As 10 se realizará a proba de F5J que foi suspendida en maio, e seguiremos facendo demostracións de voos de FPV e de iniciación despóis da mesma. Contaremos tamén cun "mercadillo".
Como organizador e convidado especial, contamos co noso socio Aquilino Abeal e a súa empresa Aeromedia. Eles e outros pilotos nos explicarán qué é o FPV. Xa vos adelantamos que o FPV é o voo en primeira persoa, isto é, voar un avión ou helicóptero de radiocontrol pero utilizando unha cámara e outros aparellos para ter a sensación de estar voando dentro da aeronave. Esta é a mesma tecnoloxía que utilizan os avións no tripulados ou UAV. Aquí tedes unha mostra do que esta xente é capaz de facer:
|
|
Last Updated on Tuesday, 09 October 2012 09:17 |
|
Thursday, 23 August 2012 15:08 |
|
There are no translations available.
Dado que nos temos quedado co mel nos beizos despóis da
cancelación da proba do IMAC deste fin de semán, pensamos
que, para desquitarnos, podemos facer unha comida este domingo en Cerceda e "fartarnos de voar". ¿Que vos parece?
Así que, aínda que un pouco precipitado, pedímosvos que os que vos querades
apuntar o notifiquéis a este correo (ou en
www.facebook.com/AsGaivotas). É unha xornada para todos, así que poderedes traer ás vosas parellas respectivas.
¡Vémonos o domingo! |
|
Friday, 08 June 2012 13:23 |
|
There are no translations available.
Dadas as previsións meteorolóxicas para este domingo día 10, a Dirección de As Gaivotas decidiu a suspensión da proba de F5J prevista na pista de A Queimada. De momento, non temos unha nova data programada. Informaremos en canto esté marcada.
|
|
Friday, 25 May 2012 16:45 |
|
There are no translations available.
Dado que o domingo 27 a proba non se celebrou por mor da meteoroloxía, cambiamos de novo a data para o vindeiro domingo 3 10 de xunio as 10:00 en A Queimada.--------------- ¡¡¡ATENCION!!! Temos cambio de data da segunda proba de F5J do 2012. Pasará do sabado ó domingo 27 de maio as 10:00 na pista de A Queimada.Vémonos na pista!!!
|
|
Last Updated on Sunday, 03 June 2012 14:45 |
|
|
|
|
|
|
Page 2 of 6 |