top
logo
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)English (United Kingdom)

Cartel
Síguenos en Twitter

Patrocinadores

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel

feed-image Feed RSS
Home Actividades
Actividades
Recordatorio do Campionato Galego de F3A - 2013 PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 19 Maio 2013 18:57

Recordamos a todos os aeromodelistas e practicantes da F3A que o vindeiro domingo 26 de maio terá lugar na pista municipal de Cerceda a primeira proba do calendario galego de F3A. Como o número de inscritos é reducido, a proba realizaráse integramente o domingo e comezará ás 9:30 da mañá. As táboas será as oficiáis que se poden atopar na RFAE:

http://www.rfae.org/index?act=verSeccion&idSeccion=1347610809358

Se queres inscribirte, ¡aínda estás a tempo! Envíanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo con os teus datos, número de licencia e a categoría (FAI, Avanzada ou Iniciación).

 
Resultados da 1ª Proba de F5J - 2013 PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 
Luns, 06 Maio 2013 20:34


Cun tempo espectacular e con 10 participantes, finalmente celebrouse a primeira proba de F5J do ano 2013. Voáronse catro mangas moi disputadas, ainda que José Manuel Miranda demostrou a súa pericia conseguindo 1.000 pontos FAI en cada unha delas. Esta é a clasificación final:


Parabéns a todos os pilotos pola súa participación e recordade que aínda nos queda outra proba en setembro!


Puntuación de cada Manga

Última actualizaciónfeita en Luns, 06 Maio 2013 21:06
 
Aplazada a Proba de F5J PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Abril 2013 21:30

Aunque o peor parece que será mañán, a esta hora a previsión meteorolóxica aínda mostra fortes ventos (en torno a 40 km/h) para o domingo.
WindGuru
MeteoGalicia

Por isto, dende As Gaivotas pensamos que o máis prudente é aprazar a proba 1 semán. Polo tanto, tentaremos celebra-la O VINDEIRO DOMINGO DÍA 5 DE MAIO.

Moitas grazas a todos, ¡vémonos o domingo 5!
--------------
A Directiva de As Gaivotas

 
Campionato Galego F5J - 2013 PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 6
RuínMellor 
Sábado, 30 Marzo 2013 22:43


O víndeiro 28 de abril terá lugar na pista de Rodís (Cerceda) a primeira proba do Campionato Galego de F5J. A Organización quere que a proba sexa asequible para calquer piloto, polo que a normativa a utilizar non limita modelos nin pesos. Aquí a tedes:

Normativa F5J

O Campionato constará de dúas probas, sendo a seguinte na pista de A Queimada en Oza dos Ríos o día 22 de setembro. A clasificación final do campionato será o resultado da suma das dúas probas e se entregarán os trofeos correspondentes ós tres primeiros clasificados. Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible (en torno ós 10 euros).

 
Calendario de Probas para o 2013 PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 4
RuínMellor 
Domingo, 03 Marzo 2013 00:00

Para este ano 2013 xa temos as datas fináis dos distintos campionatos que realizaremos. Asemade, podemos confirmar que as probas están inscritas no calendario da Federación Aeronáutica Galega, polo que terán caracter oficial:

  • F3P (www.f3p.es): Pendente de confirmar data (aínda que no calendario da FAG menciona o 24 de febreiro).
  • F5J (f5j.es): Ó igual que estos anos, faremos dúas probas da modalidade de veleiros eléctricos de permanencia (F5J). A primeira será o 28 de abril na pista de Rodís en Cerceda, e a segunda o 22 de setembro na pista de A Queimada en Oza dos Ríos. Desta vez, queremos que participen máis pilotos de outros clubes, de cara a facer una liga para o ano próximo. É por iso que a inscripción será de balde.
  • F3A (Acro3D): Este ano, ademáis do Open, faremos unha das probas do galego desta modalidade de acrobacia. Será os días 25 e 26 de maio e se voará nas categorías A, B e C na pista de Rodís (Cerceda). A VI Edición do Open Internacional de Acrobacia Aérea de Cerceda terá lugar os días 29 e 30 de xuño tamén na pista de Cerceda.
  • Centollo Meeting: Imos retomar esta xuntanza co obxectivo de converti-lo evento nunha referencia do aeromodelismo en Galicia. Será en agosto, probablemente no fin de semán do 25 de agosto, aínda que temos que pecha-la data definitiva.

Apontade estas datas na vosa a axenda! E se tedes calquera dúbida ou pregunta, podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Última actualizaciónfeita en Domingo, 03 Marzo 2013 23:27
 
« InicioAnterior123456SeguinteFinal »

Páxina 1 de 6

Enquisas

Cal é a rede social que máis usas?
 

bottom
top

Últimas noticias

Popular


bottom

(C) Club de Vuelo As Gaivotas