Centollo Meeting 2017

Los días 12 y 13 de Agosto el Club As Gaivotas organiza una exhibición de Jets y Grandes modelos en las instalaciones de Cerceda. Os animamos a todos a asistir al evento.

Centollo Meeting 2016

En só un mes celebraremos unha nova edición do Centollo Meeting! A concentración de aeromodelismo que organiza o Club de Voo As Gaivotas terá lugar os días 27 e 28 de agosto de 2016. Xa algúns pilotos confirmados, con algunhas novidades novidades coma un pequeno concurso para iniciarse á acrobacia e tamén ao voo de veleiros eléctricos. Teremos en breve máis información.

Non esquezas a data do 27 e 28 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Centollo Meeting 2014

Xa temos todo listo para unha nova edición do Centollo Meeting! Será este fin de semán e queremos que sexa a maior exhibición de aeromodelismo do noroeste español. Xa temos confirmados máis de 15 pilotos, este ano con novidades coma a demostración de voo circular e a presencia de avións de máis tipos e categorías que o ano pasado. Se queres ter toda a información do evento, accede á páxina web:

www.centollomeeting.com

Non esquezas a data, será os vindeiros 30 e 31 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Segunda Proba Campionato Galego F5J – 2013

Recordade que o vindeiro 22 de setembro terá lugar na pista de A Queimada (Oza dos Ríos) a segunda proba do Campionato Galego de F5J. A normativa a utilizar non limita modelos nin pesos e é esta:

Normativa F5J

Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible.

Espectacular Centollo Meeting 2013

Este ano superamos tóda-las expectativas! A edición 2013 do Centollo Meeting promete ser a maior exhibición de aeromodelismo do noroeste español. Xa temos confirmados máis de 25 pilotos e máis de 40 avións… Ademáis, algún tan espectacular coma Raúl Lozano, sen dúbida un dos mellores pilotos europeos de jets. Pero é que, son moitos máis! Se queres ter toda a información do evento, accede á páxina web:

www.centollomeeting.com

Non esquezas a data, será os vindeiros 24 e 25 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Inscripcións ó Campionato Galego de F3A 2013

A lista de inscritos ó Campionato Galego de F3A é a seguinte:

Categoría Iniciación:

  • Leonardo Pereiro
  • Américo Horacio Chella
  • José Luis Arias
Categoría FAI:
  • José Luis Paradela
  • Christian Paradela
  • José Manuel Miranda
  • Agustín Rey
Os xuices serán:
  • Gloria Muñiz
  • Paco Piñeiro
  • Juan Pascual
Os voos comenzarán ás 9:30 do domingo 26 e se voarán tres mangas. Despóis iremos a comer pola zona!

Resultados da 1ª Proba de F5J – 2013

Cun tempo espectacular e con 10 participantes, finalmente celebrouse a primeira proba de F5J do ano 2013. Voáronse catro mangas moi disputadas, ainda que José Manuel Miranda demostrou a súa pericia conseguindo 1.000 pontos FAI en cada unha delas. Esta é a clasificación final:

Parabéns a todos os pilotos pola súa participación e recordade que aínda nos queda outra proba en setembro!


Puntuación de cada Manga

Campionato Galego F5J – 2013

O víndeiro 28 de abril terá lugar na pista de Rodís (Cerceda) a primeira proba do Campionato Galego de F5J. A Organización quere que a proba sexa asequible para calquer piloto, polo que a normativa a utilizar non limita modelos nin pesos. Aquí a tedes:

Normativa F5J

O Campionato constará de dúas probas, sendo a seguinte na pista de A Queimada en Oza dos Ríos o día 22 de setembro. A clasificación final do campionato será o resultado da suma das dúas probas e se entregarán os trofeos correspondentes ós tres primeiros clasificados. Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible (en torno ós 10 euros).