Campionato Galego de F5J – 2014

O vindeiro fin de semán terá lugar na pista de A Queimada (Oza – Cesuras) a proba do Campionato Galego de F5J. Este ano, estrenamos nova normativa, polo que pensamos facer unha xornada de entreno previo durante o sábado para explica-la. Deste xeito, a axenda é a seguinte:

Sábado

  • 10:30 – Explicación da nova normativa e nocións de voo en térmicas por Daniel Samaniego (será nun dos restaurantes de Montesalgueiro, xusto no cruce da Nacional VI)
  • 11:30 – Entrenamentos oficiais na pista
    • Probas da rutina de realización das mangas de voo
    • Posta a punto de modelos que o precisen
    • Verificación do peso – potencia e obtención do tempo de motor

Domingo

  • 10:00 – Comprobacións e cálculo do tempo de motor
  • 10:30 – Comezo da proba
  • 14:00 – Entrega de premios e comida de irmandade

Todos os interesados poden inscribirse enviando un mail a contacto@asgaivotas.com. As inscripcións son de balde, só se precisa dispor da licencia federativa galega. O prazo máximo de inscripción será 24 horas antes do inicio da proba. Non se admitirán inscripcións posteriores.

A normativa a tedes neste PDF:


Normativa F5J 2014

Resultados do V Open F3A – Cerceda 2012

Xa temos un novo campión do V Open de F3A Cerceda 2012 – World Cup. Trátase do austríaco Gerhard Mayr, que sumou tres miles na final. O segundo foi Wolfgang Matt, representando a Liechtenstein e o terceiro posto do podium foi para o francés Loic Burbaud. Entre os españois, o primeiro clasificado foi Mario del Valle (4º), seguido por Andrés Leoni (6º) e Luis Eduardo Ortega (7º).

Resultados Open 2012.pdf

Resultados categoría Avanzada.pdf

Queremos aproveitar para sinalar o altísimo nivel mostrado por todos os pilotos participantes, así coma os xuices nacionáis e internacionáis, tanto a nivel profisional como humano, e agradecer ás entidades patrocinadoras e ós colaboradores o seu traballo e esforzo.

Ata o próximo ano!