
Este domingo celebrouse en Cerceda, grazas á colaboración do Concello pola cesión do pavillón, a primeira proba da especialidade de F3P (acrobacia indoor) que organiza o Clube As Gaivotas. A pesares de que a Federación Aeronáutica Galega ainda non notificou se a proba estaría no calendario oficial galego, houbo boa resposta dos nosos socios dos cales oito valentes participaron na mesma.
