Campionato Galego de F3A – 2012

Dende o Clube Os Diablos recibimos esta convocatoria para o Campionato Galego de F3A do 2012:

Hola Amigos:

Desde el Club de Aeromodelismo Los Diablos os informamos a todos que el dia 30 de septiembre de este año 2012, se celebrara en nuestra pista de Begonte a partir de las 9,30 el Campeonato Gallego de F3A , en las tres categorias A-B-C se utilizaran las tablas oficiales en vigor.El dia 29 de septiembre estara abierta la pista para todos aquellos que deseen entrenar.

Se podran inscribir enviando un email a la siguiente direccion email:

centro_dental_galego@hotmail.com

Solo se acepta las inscripciones realizadas hasta el 23 de septiembre.

En las inscriciones se hara constar nombre,nº de licencia,y club al que se pertenece.

Tambien debe hacerse constar si se van a quedar a comer y el numero de comensales.El precio de la comida es de 10 euros y se paga el mismo dia del campeonato.

Desde la directiva del Club os animamos a participar,y os enviamos un coordial saludo.

Copa Cuadrangular – Cerceda 2012

PROBA CANCELADA!!!

Xa temos todo pronto para a Copa Cuadrangular – IMAC de acrobacia aérea de grandes modelos dos vindeiros 24, 25 e 26 de agosto. É a primeira vez que un evento desta magnitude celébrase en Galicia, o cal é un orgullo para o noso clube. Pilotos da categoría de Martin Pickering e Jon Caldito daránse cita nas instalacións municipáis de aeromodelismo de Rodís en Cerceda. A IMAC é unha categoría que se caracteriza pola espectacularidade dos seus voos, pois os pilotos utilizan grandes modelos para voar unha tabla acrobática coñecida, outra descoñecida e unha libre, normalmente con música. A variedade das figuras e o seu risco convirte a esta proba nunha das máis espectaculares e entretidas para o público en xeral.

Os pilotos interesados en participar poderán inscribirse a través do formulario da páxina da Copa Cuadrangular. A documentación da proba, así como os prezos das comidas e algunhas opcións de aloxamento, pódese consultar no documento seguinte:


Copa Cuadrangular – As Gaivotas 2012.pdf

Reservade o fin de semán do 25 e 26 de agosto. Non vos podedes perder isto!!!

Resultados do V Open F3A – Cerceda 2012

Xa temos un novo campión do V Open de F3A Cerceda 2012 – World Cup. Trátase do austríaco Gerhard Mayr, que sumou tres miles na final. O segundo foi Wolfgang Matt, representando a Liechtenstein e o terceiro posto do podium foi para o francés Loic Burbaud. Entre os españois, o primeiro clasificado foi Mario del Valle (4º), seguido por Andrés Leoni (6º) e Luis Eduardo Ortega (7º).

Resultados Open 2012.pdf

Resultados categoría Avanzada.pdf

Queremos aproveitar para sinalar o altísimo nivel mostrado por todos os pilotos participantes, así coma os xuices nacionáis e internacionáis, tanto a nivel profisional como humano, e agradecer ás entidades patrocinadoras e ós colaboradores o seu traballo e esforzo.

Ata o próximo ano!

Campionato F3P As Gaivotas – Cerceda 2012

Aínda que a Federación Aeronáutica Galega denegou a inscrición das probas solicitadas polo noso clube no calendario oficial, a intención é a de facelas na mesma, aínda que como probas «interclube». A primeira delas é a de F3P, polo que lembramos a tódo-los pilotos interesados, que o vindeiro domingo 26 de febreiro terá lugar o II Campionato F3P As Gaivotas ás 10:30 en Cerceda, no Pavillón Municipal. A inscripción será de valde, así que todo o que queira poderá participar. A táboa que se voará será a seguinte:

Táboa F3P 2012
1ª Oito cubano
2ª Tonel de dous tempos
3ª Dobre Immelmann
4ª Tonel cobra
5ª Rizo cadrado
6ª Tonel de catro tempos
7ª Figura «S»
8ª Subida a 45º con tonel completo

Recordamos que a F3P é a especialidade de acrobacia de voo de radiocontrol en espacios pechados (indoor).

Para inscribirte, envía un correo con os teus dados a contacto@asgaivotas.com.

Centollo Meeting 2011


O primeiro fin de semán de agosto, os días 6 e 7, celebrarase o Centollo Meeting 2011 na pista municipal de Rodís en Cerceda. Este ano, ademáis da exhibición de avións e helicópteros de radiocontrol que será a mañá do domingo 7, o sábado adicarémo-lo a ensinar a pilotar avións e helicópteros a todas aquelas persoas que así o desexen. Para elo, disporemos dun par de portátiles equipados cun simulador de voo e o seu mando correspondente, onde iniciaremos ós alumnos para, posteriormente, voar cun avión de radiocontrol real de dobre mando, acompañados en todo momento por un profesor que o guiará permanentemente.

Todo-los participantes nos voos do sábado recibirán un boleto para o sorteo dun avión de iniciación que se celebrará durante a mañá do domingo.

Continuar leyendo «Centollo Meeting 2011»