Instalacións de A Queimada

A pista que o clube ten en Oza dos Rios, no lugar de A Queimada, é unha

pista propiedade do clube. A pista ten todo o que unhas instalacións de

primeira orde para practicar este deporte pode esperar.

 

As instalacións contan con:

  1. Pista asfaltada de 150×15
  2. Zona de pilotos
  3. Zona de aparcamento
  4. Alpendre para pilotos 

 Esta pista ten xa moitos anos no clube, e foi conseguida ao esforzo

de moitos socios, que en un arrinque de valentía mercaron os terreos

á conta do seu propio diñeiro.

 

Continuar leyendo «Instalacións de A Queimada»

Instalacións de Cerceda

A pista que o clube ten en Cerceda, no lugar de Rodís, é unha pista de

caracter municipal. Consta de uns 8000 m2 e ten todo o que unhas

instalacións de primeira orde para practicar este deporte pode esperar.

A súa orientación é ao norte, e os ventos predominantes son

Norte/Noroeste.  Está totalmente despexado en todas as súas caras.

Actualmente está en construcción, e a idea é que estea ao longo do mes

de Agosto deste ano para poder celebrar unha proba do campionato

galego de acrobácia.

Esta é unha vista dos terreos da futura pista

 

 

Unha vista aérea

Continuar leyendo «Instalacións de Cerceda»

Benvida

Así escomenzou todo fai case 25 anos, a idean intrépida de un puñado de coruñeses fixo posible a existencia deste noso clube, que segue vivo ata hoxe en día.

Hoxe, o clube ten unhas instalacións en propiedade situadas no lugar de A Queimada no concello de Oza dos rios, e moi pronto, se terá unha segunda pista cedida polo concello de Cerceda. E para que se vexa que é un clube vivo … xa temos un xuiz nacional, e dous socios participando en competicións nacionais.

Se queres aprender e introducirte no hobby, non dubides en contactar connosco, e iso si, non esquezas antes de mercar calqueira tipo de material para iniciarte, falar con xente que xa estea no "mundillo" e te guie na elección do mellor material para o comezo.

 Benvido.

Continuar leyendo «Benvida»

Historia do clube

 

 

En campos preto de A Coruña, e por libre, escomenza a actividade aeromodelista, pero pouco a pouco os distintos afeccionados a esta actividade vanse xuntando nas chamadas Marismas de Betanzos. É en este lugar onde empeza e se experimenta xa con modelos de certa calidade, e con elo xurde a necesidade de organizarse e loitar para que esta afección poidese ser unha actividade normal e cómoda coa vida cotiá. Son os primeiros pasos, o xerme do que hoxe se coñece como Clube de Aeromodelismo As Gaivotas.

Continuar leyendo «Historia do clube»